Benvido/a ao cambio

Conversa centro de sicoloxía|Conversa centro de psicología

Sicoloxía Adultos - Sicoloxía da Música

información

O noso equipo está formado por profesionais sanitarios cunha visión global da Saúde.

A saúde é consecuencia da orde e equilibrio nos sistemas que nos conforman (corpo físico, mental e emocional). Corpo, mente e emocións son sistemas vivos, en continuo movemento. Funcionan en interdependencia, creando na súa interacción un sistema maior e único que os abrangue.

O que sabemos grazas á teoría e á investigación no funcionamiento dos sistemas (sistémica), é que a modificación dunha parte modifica ás demais. Deste xeito, sabemos que, levando a saúde á mente, levámola tamén ao corpo físico-emocional e viceversa.

O noso coñecemento e experiencia no estudo do comportamento humano pon a túa disposición a xestión dos teus sistemas internos. Coa información e o acompañamento preciso recrearás o camiño cara a túa saúde física e mental.

Somos os teus profesionais.

Conversa

Pensar é fácil

Actuar é difícil

Actuar como un pensa é o máis difícil

equipo

María Teresa González Mallo

Sicóloga (Directora do centro)

Licenciada en Sicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Colexiada nº G-3125, membro das seccións Clínica e Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Especialista en Sistémica Familiar.

Experiencia en aplicación de configuracións.

Coñecementos de hipnose, coaching e programación neurolingüística.

Grao profesional de Música. Especialidade: canto

Membro da Asociación Española de Psicología de la Música y la Interpretación Musical.

Iván Riveiro Álvarez

Auxiliar de clínica (Xestión)

Monitor de mindfulness e programas de entrenamento atencional.

Especialista na aplicación de técnicas para a atención plena.

Técnico de masaxe especializado en terapias corporais.

Terapeuta de son formado con Jacomina Kistemaker, Román García Lampaya e Rafael Monsonís Carpio.

Coñecementos teóricos e aplicados de coaching.

Pensa

Cre

Soña

Atrévete

servizos

contacto

986 138 892 - 671 524 196

Rúa Fotógrafo Xosé Gil, 8 - Bajo
36209 - Vigo

Déixanos a túa pregunta

Localización